Un club de lectura é dun
grupo de persoas que len á vez o mesmo libro e reúnense
periodicamente para comentalo. Ler acompañado é moito máis doado e
atractivo que facelo só. Este concepto non implica compartir
fisicamente un libro con outra persoa. Un libro debe lerse só, non
hai outro modo, porén, a través dos clubs esa soidade rómpese cando
o lector se decata de que non é o único que está a ler. Non é unha
xuntanza para especialistas en crítica literaria nin para profesores
de literatura, senón para lectores comúns. O obxectivo principal do
club de lectura non é a análise exhaustiva da obra literaria senón
incrementar o pracer da lectura ao compartilo con outros. No grupo
hai un coordinador que se encarga de moderar o grupo: reparte
quendas de palabra, lanza preguntas para animar o debate, corta
intervencións excesivamente longas, etc...