Nos días previos á invasión
nazi de París, miles de individuos e familias, ricas e
pobres, podentes e humildes, reunen as súas principias
pretenzas e comezan un éxodo incerto ata outros lugares máis
alonxados onde atopar refuxio. Adultos e nenos, ricos
burgueses, criados e persoas de toda condición veranse
arrastrados nunha realidade cruel de escaseza de alimentos,
falta de auga, carencia de gasolina con que seguir a marcha,
noites á intemperie, agotamento, bombardeos… á vez que se
cruzan coas tropas do exército en retirada, incapaces xa de
deter a invasión do inimigo. A Suite Francesa é unha
novela inacabada da escritora de orixe xudía Irène
Némirovsky (Kiev 1903 - Auschwitz 1942). Concebida como unha
suite formada por cinco partes, só chegou a escribir dúas
antes de ser apresada polo exército alemán e asesinada en
Auschwitz. Irène, que xa se revelara coma unha narradora de
grande talento en obras como David Goldier ou O
baile, acada unha grande emoción narrativa con esta
obra, de forte impronta autobiográfica. Nela, sen
sentimentalismos e cunha visión existencial, fai un retrato
implacable sobre a miseria e a degradación do ser humano, a
perda de valores e o crebamento da orde social nun país que
fica abandoado a mans dos seus inimigos.
O manuscrito que conformaba
esta novela foi descuberto anos despois do final da guerra
por unha das fillas da autora. Estaba escrito con letra moi
pequena debido á dificultade da autora para dispoñer de
papel en pleno período bélico. Pensando que se trataba de
notas dun diario íntimo, foi quen de lelo grazas a unha lupa
así como de transcribilo e mecanografialo. A sorpresa foi o
achado desta novela. Recentemente, no ano 2004 foille
concedida á autora o Premio Renaudot, sendo a
primeira vez que se lle concedía a un autor trala súa morte.
Sobre a autora
Sobre a publicación do libro
Crítica da novela