- Servizo de información e consulta

Servizo de préstamo

Libros, revistas, audiovisuais e material multimedia.

  • Que documentos se prestan: Tódolos documentos están dispoñibles para o préstamo, excepto aqueles que formen parte da colección de referencia (enciclopedias, dicionarios, atlas, etc.) que soamente poden ser consultados na propia biblioteca. Tampouco se prestan as revistas do mes en curso nin os xornais.

  • Tempo de préstamo dos distintos documentos:

REDONDELA:

  • Libros: 15 días (prorrogables)

  • Audiovisuais: 4 días

  • Material multimedia: 7 días

CHAPELA:

  • Libros: 15 días (prorrogables)

  • Audiovisuais e material multimedia: 7 días

  • Que acontece se me atraso na devolución: Se os documentos non se devolven no prazo fixado, ó lector seralle aplicada unha sanción, coa que non poderá utilizar o servizo de préstamo durante un período de tempo equivalente á demora do documento.

  • Que acontece se perdo ou deterioro un documento: Os usuarios que extravíen ou deterioren calquera documento, deberán restituilo por outro das mesmas características.

Servizo de ordenadores

  • Quen pode utilizar os ordenadores: Os socios da biblioteca. O ordenador adicado á consulta do OPAC (catálogo da biblioteca) pode ser utilizado por tódolos usuarios. Os menores de 15 anos precisan unha autorización dos seus pais ou titores.

  • Canto tempo se poden usar: Unha hora ao día, con posibilidade de prórroga.

  • Reserva dos postos: Os usuarios poden reservar hora para os ordenadores, de xeito presencial ou por teléfono, cun máximo dun día de antelación.

Servizo de hemeroteca

Para a consulta de prensa e revistas.

Servizo de consulta en sala

    Con sala infantil e sala para adultos.

- Servizo de formación de usuarios

- Servizo de animación á lectura

voltar á páxina principal