CONSERVATORIO DE REDONDELA

Rua Santa Mariña n° 3-5; 36800 Redondela   

Telf:    986 400 300      Fax:    986 403 894


 O CONSERVATORIO

            Os estudios oficiais pódense comenzar á idade de 8 anos e impártense dous graos: o grao elemental e tras unha proba, o "pase de grao", se pode acceder ós estudios de grao medio obténdose o título da Carreira de Música. Os estudios superiores de música (a licenciatura) só se poden rematar en Vigo ou en A Coruña.

  É un conservatorio municipal sostido por subvencións do Concello de Redondela e as aportacións dos pais dos alumnos. O conservatorio está situado na Rúa Sta. Mariña, no antiguo colexio de E.X.B. Encinas de Redondela con maior número de aulas, espacio e recursos para poder atender con comodidade á demanda que o conservatorio ten, tanto de clases, como de audicións na Semán de Portas Abertas e outros encontros que o conservatorio organiza.

        O conservatorio ofrece a posibilidade de facer fundamentalmente dous tipos de estudios: os estudios oficiais de música que é o propio Conservatorio ou uns estudios non regrados que constitúen a Escola de Música.

        Un dato a ter en conta para darse conta da importancia que o conservatorio ten na vila de Redondela é, entre outros, o número de alumnos con que conta: 259 en total, 154 no Conservatorio e 105 na Escola de música. Ademais o conservatorio organiza unha serie de concertos ó longo do ano de carácter fundamental para a vila: os Concertos de Navidad, Concerto do día das Letras Galegas e o Festival de Fin de Curso na Casa da Torre. Outra iniciativa moi interesante levada a cabo é a Semán de Portas Abertas. Durante unha semán o conservatorio abre as súas aulas a toda a xente que queira ver cómo é o ensino, elexir un instrumento ou simplemente seguir os avances dos alumnos.

 

CADRO DE MESTRES

  •                    Naiara Acuña Celada

  •                 Verónica Villar Esparga

  •                 Marcos Corbacho Paz

  •                 Manuel Molinos Rivas

  •                 Begoña Fernández García

  •                 Sergio Álvarez Vázquez

  •                 Javier Abalde Alves

  •                 Natalia Soltan

 

A ESCOLA DE MÚSICA

            Na Escola de Música impártense estudios non regulados que se intentan adaptar ó que a xente demanda. Non ten límite de idade e poden asistir desde os máis pequniños con 3 anos ata persoas maiores sen límite de idade. Por unha parte nos máis pequenos a Escola de Música pretende ensinar unha paixón, a música, e por outro lado o divertido da música ó entrar en contacto cos instrumentos. Ademáis están os alumnos que queren aprender ou mellorar cun instrumento pero non queren estudios tan a fondo como son os estudios do conservatorio. Por último están os alumnos que non queren tocar ningún instrumento senón que buscan adquirir unha cultura musical.

XUNTA DIRECTIVA   

  • Secretaria  Mª Carmen Ardao Vilageliu

  • Jefe de estudios:   José Pérez Arias

  • Directora:      Elisa Arias Trigo