COÑECENDO AS SUSTANCIAS
Sumario
| DROGAS ESTIMULANTES | ||||||||||||||||
|
||||||||||||||||
| DROGAS DEPRESORAS | ||||||||||||||||
|
||||||||||||||||
| DROGAS ALUCINÓXENAS | ||||||||||||||||
|
||||||||||||||||
Clasificación das drogas:
Das distintas clasificacións existentes, ímonos referir a tres:
1. Polos efectos sobre o sistema nervioso central:
• Depresores do sistema nervioso central
Son as substancias que bloquean o funcionamento do cerebro provocando reaccións
que poden ir dende a desinhibición ata a morte por un adormecemento total do
sistema nervioso central. As drogas máis consumidas deste grupo son:
- Alcohol
- Opiáceos (heroína, morfina, metadona, codeína...).
- Tranquilizantes (valium, tranxilium...).
- Hipnóticos (barbitúricos...).
• Estimulantes do sistema nervioso central
Son as substancias que activan o funcionamento do SNC. As máis consumidas son:
- Anfetaminas (dexedrina, anfetas, bennies, dexies...).
- Cocaína.
- Nicotina.
- Xantinas
(cafeína, teína..., ambas cun menor poder adictóxeno).
Máis información sobre a cafeína
• Perturbadores do sistema nervioso central
Son as substancias que alteran o funcionamento do cerebro, dando lugar a
distorsións perceptivas, alucinacións auditivas, visuais, etc.:
- Alucinóxenas (ácido lixérxico ou LSD, mescalina, fenciclidina (PCP), etc.).
- Derivados do cannabís (haxix, marihuana, aceite de haxix, etc.).
- Inhalantes (acetonas, bencenos, éter, tolueno, etc.).
- Drogas de síntese (éxtase, MDA, speed, no argot reciben nomes como: cristal,
adán, pílula do amor, hamburguesas, ice, xeo...).
2. Pola súa perigosidade
A Organización Mundial da Saúde clasificou as drogas segundo a súa
perigosidade, e definiunas de acordo cos seguintes criterios:
a) As máis perigosas serán aquelas que provocan:
- dependencia física,
- dependencia con maior rapidez, e
- maior toxicidade.
b) As menos perigosas, as que:
- crean só dependencia psíquica,
- crean dependencia con menor rapidez e
- posúen menor toxicidade.
Con base nestes criterios, a OMS clasifica as drogas en catro grandes grupos:
- Grupo I: opio e derivados (morfina, heroína, codeína,
petidina, pentazocina, fentanillo...).
- Grupo II: barbitúricos (fenobarbital, amobarbital,
butabarbital, etc.) e alcohol.
- Grupo III: cocaína e anfetaminas (sulfato de anfetamina ou
speed, en España comercialízase co nome de centramina, sulfato de
dexanfetamina "dexedrina", etc.).
- Grupo IV: LSD, cannabis, etc.
3. Pola codificación sociocultural do seu consumo
a) Drogas institucionalizadas: que teñen un recoñecemento
legal e un uso normativo, aínda que sexan as que creen máis problemas
sociosanitarios (alcohol, tabaco, psicofármacos).
b) Drogas non institucionalizadas: a súa venda está
sancionada pola lei, e ten un uso minoritario entre diversos colectivos para os
que xogan un papel identificador.
| En xeral, o consumo de drogas ten efectos positivos para os adolescentes un principio, xa que se senten desinhibidos, se divirten, non se cansan, se acercan ao grupo e lles resulta máis fácil a comunicación interpersoal. Ademais, non teñen que dar explicacións aos demais da súa actitude, mentres están baixo os efectos destas substancias. Non obstante, raramente caen na conta de que o consumo excesivo e continuado de drogas, ten, ó longo prazo, efectos prexudiciais graves sobre a saúde; aparecen as enfermidades, a dependencia, a síndrome de abstinencia, a marxinación social, etc. |
|
O que, nun principio, é considerado polo individuo como un instrumento
controlable, para sentirse máis cerca do grupo e compartir experiencias cos
iguais, se pode converter en causa dun proceso de marxinación, cando aumenta o
consumo e converte ao usuario en drogodependente que sufrirá un rexeitamento
social e o abandono daqueles que o apoiaban e animaban ao consumo.
É moi importante que os adolescentes aprendan a ver os distintos aspectos deste
problema e a coñecer a cantidade de intereses que existen arredor das drogas e
o gran negocio que supón para moitas persoas. As drogas supoñen unha fonte de
ingresos económicos tan forte para os gobernos, que é moi complicado seguir
unha política dura de loita contra ela en todos os casos. O adolescente debe
aprender a tomar as súas propias decisións e a enfrontarse aos problemas. El
decidirá se quere rexeitar ou non o consumo de drogas. Todos, como educadores,
debemos facer que os adolescentes desenvolvan unha resistencia fronte ás drogas
e substancias que poden crear dependencia: existen e seguirán existindo no
futuro, a forma correcta de convivir con todo iso é facernos resistentes. Como?
A continuación daremos algúns datos da presenza do consumo de drogas nas
relacións dos adolescentes:
• Durante a adolescencia, existe unha importante asociación do tempo
libre co consumo de certas substancias, especialmente o alcohol, e a
facilidade para as relaciones persoais.
Está demostrado que máis do 70% do consumo de alcohol na xuventude, se realiza
durante as fins de semana e nos períodos de vacacións, xa que asocian a
diversión co consumo de alcohol.
• O tabaco é a droga máis consumida pola mocidade.
Sábese que máis do 80% dos adolescentes o probou, aínda que gran parte deles
pensa que pode deixalo cando queira e que non supón un perigo para a súa saúde.
• O cannabis é a droga ilegal máis consumida entre os adolescentes.
Case a metade dos adolescentes do noso país recibiu nalgún momento a oferta de
fumarse un porro de haxix, ben no centro escolar ou nos lugares de recreo. Cos
programas de prevención de tabaco, conseguiuse, en moitos casos, que o inicio
de consumo sexa máis tarde, ou non se produza; non obstante descoidamos ao
consumo de haxix: hai moitos adolescentes que pensan que o tabaco é máis
prexudicial cos porros, crea máis hábito, trae más secuelas, etc.
• É frecuente que os adolescentes se sintan por encima dos problemas
que xera o consumo de drogas e digan que eles non se van enganchar e
que por probar no lles vai pasar nada.
Está demostrado que hai drogas, como a heroína, que xeran tanta dependencia,
que despois de ter sido consumidas máis de dez veces, xa poden ser problemáticas
para os individuos.
• Outro problema que se esquece con frecuencia é o da automedicación
nos adolescentes.
O consumo arbitrario de medicamentos pode ser causa de dependencia grave e cada
vez aumenta máis o número de adolescentes que os toman para paliar estados de
malestar, e incluso, para mellorar o seu aspecto físico.
• É moi importante sinalar a gran influencia que exerce o grupo de
iguais nestes momentos de inicio no consumo de drogas.
A gran maioría dos adolescentes que se introducen no consumo de drogas legais
ou ilegais (sobre todo cannabis), aducen estar motivados polo seu grupo. O
consumo de drogas nesta etapa da vida é fundamentalmente colectivo. As drogas
forman parte dos ritos para relacionarse socialmente e para sentirse parte
integrante do grupo de iguais.