A Enseada de San Simón » Os hábitats e as especies

Os hábitats da Enseada, clasificados de interese comunitario (incluídos no anexo I da Directiva 92/43/CEE), e identificados na súa clasificación como Lugar de Interese Comunitario, son os seguintes:

  • Chairas lamacentas ou areosas que non están cubertas de auga na baixamar.
  • Vexetación anual pioneira con Salicornia e outras especies de zonas lamacentas ou areosas.
  • Pasteiros de Spartina (Spartinion maritima).
  • Pasteiros salinos atlánticos (Glauco-Puccinellietalia maritimae).
  • Uceiras secas europeas.
  • Bosques aluviais de amieiros (Alnus glutinosa) e freixos (Fraxinus excelsior) -(Alno-Padion, Alnion incanae, Salicion albae)-.

Para comprender os hábitats da enseada en termos menos técnicos, ímolos clasificar de xeito máis sinxelo nesta páxina. Preténdese ofrecer unha visión xeral dos máis interesantes. Para coñecer cada hábitat, premede no seu nome; para ver a súa localización na enseada, mirade no mapa: