


A Enseada de San Simón, que abrangue aprox. 2.250 Ha na parte interior da Ría de Vigo, está clasificada coma Zona de Especial Protección dos Valores Naturais (ZEPVN), e como Lugar de Interese Comunitario (LIC), polo que forma parte da Rede Natura 2000, unha rede europea de espazos naturais protexidos. Ademais do seu tremendo valor histórico, a súa paisaxe espectacular e a súa importancia económica como soporte da pesca artesanal, o marisqueo e o turismo, a Enseada conta cun conxunto de ecosistemas e hábitats cunha considerable biodiversidade. Daquela, a súa inclusión na rede Natura 2000 é o recoñecemento da importancia desta biodiversidade.