DEPARTAMENTO DE NOVAS TECNOLOXÍAS

Edificio Multiusos - Paseo da Xunqueira s/n, 2º andar - Aulas 2 e 3 - 36800, Redondela - Tlfno: 986 400 366 - Mail: novastecnoloxias@redondela.es 

O departamento de Novas Tecnoloxías naceu no ano 2001 co obxetivo de introducir a Redondela nun mundo que ata agora era descoñecido para este Concello, dando cursos de todo tipo relacionados coas novas tecnoloxías, internet, deseño gráfico e ofimática. Dende este departamento lévanse diferentes proxectos todos eles relacionados entre si.

¿ QUE É O TELECENTRO?

A Xunta de Galicia contribúe a impulsar as TIC e a Sociedade da Información na comunidade galega. Con este fin utiliza a Rede de Centros para a Modernización e a Inclusión Tecnolóxica (CeMIT). O Concello de Redondela contrata ao persoal que xestiona e dinamiza o Telecentro para poder facer todo tipo de actividades.

A Rede CeMIT nace cos obxectivos estratéxicos de vertebrar territorial e socialmente Galicia, en especial onde a fenda dixital se fai máis evidente, e impulsar, potenciar e difundo os coñecementos nas tecnoloxías da información e a comunicación en tres colectivos principalmente: cidadanía, profesionais TIC e empregados públicos

Así pois, a nova Rede CeMIT configurase como un importante vehículo para a posta en práctica de iniciativas orientadas a impulsar o emprego das TIC de cara a fomentar a empregabilidade, a competitividade empresarial, a eInclusión, o eBenestar e o pulo da eAdministración.

Así mesmo as nosas infraestructuras están a disposición de calquera outro organismo público ou entidade externa que o solicite para o desenvolvemento de plans de formación sempre que se xustifique un interese social e non se distorsione o mercado da formación en Galicia.

Agora mesmo temos un Telecentro no edificio Multiusos de Redondela e estamos a espera de inaugurar outro na parroquia de Chapela antes de finalizar o ano 2011.

Máis información: http://cemit.xunta.es/

REDE DE TELECENTROS

A Rede de Centros para a Modernización e a Inclusión Tecnolóxica (Rede CeMIT) está formada na actualidade por 94 aulas públicas dotadas de acceso a Internet distribuídas por toda a xeografía galega. Estas aulas serven de instrumento esencial para promover a alfabetización dixital da sociedade galega, sendo o vehículo a través do cal os cidadáns/as poden iniciarse nas tecnoloxías da información e a comunicación grazas aos cursos e charlas que nelas se imparten.

A estratéxica localización das súas instalacións, ao longo de máis de 50 comarcas e 89 concellos, favorece que calquera dos seus usuarios non deba percorrer grandes distancias para atopar unha Aula CeMIT na que se impartan algunha das máis de 1.000 actividades formativas previstas. Esta dispersión xeográfica permite garantir a correcta vertebración territorial e social de Galicia, especialmente onde a fenda dixital faise máis evidente.

 ESTRUCTURA DA REDE DE AULAS

A Aula CeMIT de Redondela está formada por duas salas: unha sala audiovisual e unha sala web.

 A SALA AUDIOVISUAL  dispón de equipos informáticos , sistemas de proxección, equipos de imaxe e son e equipos de videoconferencia. Estas salas están pensadas para permitir transmitir eventos relevantes, presentacións, cursos, etc..., que se poderán seguir dende calqueira outra aula multimedia.

 A SALA WEB  está formada por equipos informáticos e equipos de videoconferencia. Permite o acceso a Internet de alta capacidade, VOD, acceso a contidos culturais e acceso á AGI e as suas aplicacións.

 CARACTERÍSTICAS TÉCNICAS DO EQUIPAMENTO NA AULA MULTIMEDIA DE REDONDELA

SALA AUDIOVISUAL:

  • Mesa de mezclas

  • Amplificador sistema dixital de cine

  • Sistema reproductor de DVD

  • Reproductor - Gravador de Video VHS

  • Platina Autoreverse

  • Caixas acústicas frontais (2) e traseiras (2)

  • Caixa central

  • Micrófonos de Sobremesa (2)

  • Proxector LCD

  • Pantalla de proxección de parede eléctrica

  • PC + monitor 17"

  • Equipo Videoconferencia Escort 25

 

SALA WEB:

  • Monitores TFT (16)

  • PCs (16 + Profesor)

  • Impresora Láser

  • Pantalla de Plasma 40"

  • Equipo de Videoconferencia Mediaconnet 8003