PROXECTOS CARA A CIDADANÍA EN 2011

- INSTALACIÓN DE PUNTOS DE ACCESO WIFI NOS CENTROS SOCIAIS DO CONCELLO DE REDONDELA: WIFI REDondela

Dotación de puntos de acceso wifi nos Centros Culturais do Concello de Redondela que non dispoñan de acceso actualmente, ou que non oferten conectividade inarámica, para permitir a conexión inarámica a Internet totalmente gratuíta os/as usuarios/as. Este proxecto dentro do plan MARISMA DO CONCELLO DE REDONDELA, cofinanciado no marco de axudas do eixo 5 “Desenvolvemento Local e Urbano do Fondo Europeo de Desenrolo Rexional da Union Europea (Feder)”.

O proxecto está actualmente instalado e funcionando, para mais información:                              

- NOVA WEB MUNICIPAL

Tras moitos anos dependendo dunha web e servidor externos (dependendo da Xunta de Galicia) e querendo dar cumprimento a lei 11/2007 de Acceso electrónico dos dos cidadáns aos Servizos Públicos, o Departamento de Novas Tecnoloxías decidiu deseñar unha nova Web Municipal co obxetivo de incluirlle un apartado de servizos á cidadanía, para os que levamos anos preparandonos. Esta nova web presentarase en setembro deste ano e incluirá moitas melloras para a navegación (cumprindo todos os requisitos de accesibilidade) e dispoñendo os contidos dun xeito mais lóxico e coerente.

Ademais dispoñeremos dun servidor adicado externalizado para non estar suxeitos á falla de espazo web ou a calquiera problema de seguridade ou acceso continuado.

- POSTA EN MARCHA DUNHA PLATAFORMA DE E-SERVIZOS PARA O CIDADÁN

Os principais obxetivos desta plataforma serán mellorar os servizos de xestión e atención dirixidos ao cidadán, simplificar os procedementos e melloras as infraestruturas de comunicación orientadas á integración da administración local, autonómica e estatal, e impulsar o uso dos e-Servizos e das infraestruturas de comunicacións. Este proxecto integrase no plan RENOVACIÓN, DESENVOLVEMENTO E MELLORA DOS NÚCLEOS DE POBOACIÓN RURAL E DO CONTORNO dentro da liña de convocatoria nº 753 3/2006 de Servizos ó/á cidadán/á , dentro do PROGRAMA PRODER II da ADR-MAIV, asinado polo Concello en decembro de 2006.

O proxecto está actualmente implantado nun 80% dos departamentos previstos dentro da estructura interna do Concello de Redondela, en canto o seu funcionamento interno sexa óptimo pasarase á fase de dar servizo aos cidadáns. Preveemos poder ter o acceso web para os/as cidadáns durante o primeiro semestre de 2012.

- PROGRAMA "URBANISMO EN RED"

O Programa Urbanismo en rede naceu co obxecto de publicar os plans urbanísticos municipais, a través de Internet, habilitando que os cidadáns puidesen acceder a eles de forma fácil e personalizada, ao efecto de aumentar e potenciar a transparencia na xestión pública do sector urbanístico. Así mesmo, perseguíase facilitar unha completa interoperabilidad entre as distintas administracións e axentes implicados, a través de servizos electrónicos que permitisen a posta a disposición da información de plan urbanístico, para ser utilizada polos diferentes interesados. A posta en marcha deste Programa sentou as bases para evolucionar cara a un sistema transaccional, que permita a construción de servizos orientados á tramitación telemática do plan urbanístico.

O proxecto no Concello de Redondela está actualmente executado e á espera de sacar os servizos ao/á cidadán/á por internet a través da nova web municipal.

1.