Novidades............


INICIO dos cursos de informática do Concello de Redondela PARA O SEGUNDO TRIMESTRE DE 2010: Os cursos novos deste trimestre desenrolaranse dende o pasado 19 de abril ao 16 de xullo de 2010, e serán os seguintes:

  • WINDOWS BÁSICO 4 - Martes e xoves 09.30 A 11.20 hs.

  • WINDOWS BÁSICO 5 - Martes e xoves 18.00  a 19.30 hs.

  • WINDOWS AVANZADO - Mércores 10.30 a 13.30 hs.

- Os cursos semestrais que siguen en vixencia ata o 16 de xullo (comezados o 11 de xaneiro) son:

  • CONTABILIDADE - Venres de 10.30 a 13.30 hs.

  • OFFICE 1 - Martes e xoves de 11.40 a 13.30 hs.

  • OFFICE 2 - Mércores de 17.00 a 20.00 hs.

  • OPENOFFICE - Luns de 10.30 a 13.30 hs.

  • RETOQUE FOTOGRÁFICO - Luns de 17.00 a 20.00 hs.

  • MECANOGRAFÍA 1 - Luns e mércores de 09.30 a 10.30 hs.

  • MECANOGRAFÍA 2 - Martes e xoves de 17.00 a 18.00 hs.

Mais información no Telecentro de Redondela (Multiusos 2º andar - 986 400 366 - formacioninformatica@redondela.es ).


Só o 15 % dos galegos utiliza internet para facer trámites ante a Administración

A pesar de que cada vez son máis os procedementos administrativos que se poden resolver, ou polo menos iniciar, a través de internet, os galegos seguen optando maioritariamente por resolver as súas xestións ante a Administración en persoa. Segundo os últimos datos do Observatorio Galego da Sociedade da Información, o ano pasado só o 15 % dos cidadáns utilizou internet polo menos nunha ocasión para presentar solicitudes ou formularios ante algunha Administración pública.


Programa Formativo 2010-2011 do CMG

O Centro Multimedia de Galicia (CMG) está a taballar no seu novo programa de formación multimedia 2010-2011 para impartir na Rede de Telecentros de Comunicación. É por iso que estan abertos a calquera suxerencia sobre temáticas de cursos que  poidan interesarlles ao posibles alumnos. Podese mandar calqueira suxestión a través do cuestionario online ou ben a través do correo electrónico do CAU


Presentación da nova Rede CeMIT e o Plan de Alfabetización Dixital 2010

A Xunta de Galicia pon en marcha a Rede de Centros para a Modernización e Inclusión Tecnolóxica (CeMIT) coa finalidade de coordinar as actuacións das distintas aulas públicas de acceso a Internet dependentes da Comunidade Autónoma dirixidas á alfabetización dixital e ao desenvolvemento da sociedade de información, en colaboración co Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia (CNTG). Os obxectivos da Rede, integrada por 60 aulas dependentes da Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica, 56 telecentros da Secretaría Xeral de Medios e o CNTG, da Consellería de Traballo e Benestar, son: Promover o uso das novas tecnoloxías na poboación, en especial naqueles colectivos onde a fenda dixital se fai máis evidente; fomentar a formación entre os profesionais galegos para que sexan capaces de dar resposta ás necesidades, retos e proxectos dos diversos sectores do tecido produtivo relacionados coas TIC; proporcionar plans formativos adecuados ás novas demandas tecnolóxicas, multimedia e audiovisuais; dinamizar as pemes e micropemes, amosándolles as vantaxes da de fomentar o uso das TIC no tecido empresarial e divulgar e capacitar os servizos da Administración Electrónica. Máis información: imit.xunta.es