• Taller de Teatro en Chapela, no Edificio Multiusos de Piñeiral do Crego 

O obxetivo principal deste taller é propiciar a libre expresividade do educando a través das diversas técnicas teatrais, contribuíndo ao seu desenvvolvemento integral. Os contidos deste curso dividense en:

- TEÓRICOS: Manexo de terminoloxía teatral básica a través de exercicios prácticos.

- PRÁCTICOS: Coñecer o corpo como instrumento artístico (as súas capacidades e recursos), hixiene vogal (respiración costodiafragmática, diferentes cavidades de resonancia, trava-línguas, exercicios de dicción, articulación e impostación), xogos de desinhibición, Improvisacións semi-preparadas partindo de frases e sentimentos dados, interpretación de persoaxes dramáticos, exercicios de concentración e memoria, aprender a relaxarse a un mesmo e aos demais mediante masaxes e exercicios respiratorios, táboa de exercicios de quentamento e estiramento, exercicios para o fomento da imaxinación, e realización dunha montaxe teatral.

A meta deste taller é crear unha "rede de teatro de aficionado" que propicie a dinamización, a participación, o intercambio e a implicación no desenrolo cultural das parroquias pertencentes ao Concello de Redondela.

  • Colaboración no concerto Arde Rande Rock que se celebrou en Rande, parroquia de Cedeira o sábado 12 de xullo de 2008,actuando baixo a Ponte de Rande grupos de Rock de Redondela.

  • Concertos ao vivo que se realizaron durante todo o ano 2008 no pub denominado A Fragua.