Curso Municipal de alfabetización de adultos

O Programa municipal de alfabetización e formación de adultos está dirixido a persoas maiores de 18 anos que polas súas características persoais e sociais demandan unha formación cultural para o seu desenvolvemento persoal. Unha reflexión sobre a realidade do noso termo municipal ponos de relevo diversas necesidades en cuestión de educación de adultos entre elas a desconexión que existe entre a poboación adulta co seu ámbito socio-cultural e a evolución da sociedade que os obriga a enfrentarse a novos modelos de adaptación ou a falla de coñecementos básicos para desenvolverse na vida ou mesmo a perda de aprendizaxes adquiridos.

Para participar nesta actividade de carácter gratuíto hai que dirixirxe ó Departamento municipal de Servizos Sociais que lles informará do proceso de inscrición e contidos do curso. O programa municipal de alfabetización e formación de adultos para estranxeiros desenvólvese no horario de 9:00 a 10:00 e está dirixido principalmente a poboación marroquí que descoñecen a nosa lingua e cultura e precisan aprendela para poder comunicarse e integrarse na sociedade.  

Programa municipal de alfabetización de adultos 
Lugar de impartición Multiusos de Redondela (Paseo da Xunqueira s/n )
Horarios De luns a venres de 9:00 a 10:00 / 10:00 a 11:00 / 11:00 a 12:00  
Duración Dende o mes de outubro ao mes de xuño  
Profesional que imparte o curso Diplomada en Maxisterio
Requisitos Ser maior de 18 anos, estar empadroado/a no Concello de Redondela e cubrir unha instancia e entregar unha fotocopia do DNI.  

SUBIR

Curso Municipal de alfabetización de mulleres extranxeiras

A poboación á que vai dirixido este curso de alfabetización é un grupo de mulleres extranxeiras que reside actualmente no noso concello e que descoñecen a nosa língua e cultura. A través deste curso traballase para conseguir que estas mulleres que viven entre nos, que ainda non dominan a linguaxe que é unha habilidade social básica, sexan capaces de empregala correctamente e con soltura na súa vida cotiá e que poidan relacionarse asi cos cidadáns/ás de Redondela, para que todos, galegos e inmigrantes, poidamos poñer en contacto as nosas culturas, pois sería un acto moi enriquecedor para a nosa vida. Para participar nesta actividade de caracter gratuíto hai que dirixirse ao Departamento Mun icipal de Servizos Sociais, que lles informará do proceso de inscripción e contidos do curso. 

Programa municipal de alfabetización de mulleres extranxeiras 
Lugar de impartición Casa da Cultura de Redondela (Praza Figueroa s/n, baixo)
Horarios De luns a venres de 10:00 a 11:00 / 11:00 a 12:00  
Duración Dende o mes de outubro ao mes de xuño  
Profesional que imparte o curso Diplomada en Maxisterio
Requisitos Ser maior de 16 anos, estar empadroado/a no Concello de Redondela e cubrir unha instancia e entregar unha fotocopia do DNI.

SUBIR

VOLTAR

Concellería de Servizos Sociais e Igualdade - Tlf: 986 402 608 - Mail: ssociais@redondela.info - uts@redondela.info