
Durante as pasadas vacacións de nadal @s nen@s redondelans puideron participar nas actividades lúdicas que se realizan nos centros veciñais das diversas parroquias do Concello de Redondela.
Este ano a Concellería de Servizos Sociais e Igualdade vai continuar ofertando actividades para os cativos, entre elas a ludoteca itinerante que neste ano 2011 comezou o pasado 21 de febreiro nas seguintes parroquias:
Cedeira, no Centro Social, Cultural de Cedeira.
Cesantes, no Círculo Recreativo Cultural de Cesantes.
Chapela, no Centro Cultural de Cidadelle
O Viso, na Asociación Cultural de Saramagoso e no Centro Cultural O Viso- A Teixeira.
Quintela, no Colexio de Quintela.
Reboreda, na Sociedade Labrego Cultural de Reboreda.
Santo Estevo de Negros, na Asociación de Veciños de Santo Estevo de Negros.
San Vicente de Trasmañó, na Asociación de Veciños de Trasmañó.
Saxamonde, na Asociación Chan das Pipas.
Ventosela, na Asociación Deportiva Cultural "A Miñoteira".
Vilar de Infesta, no Centro Cultural de Vilar de Infesta.
A LUDOTECA, vai dirixida a nenas e nenos de 4 a 12 anos. Para poder participar nas actividades da Ludoteca, as persoas interesadas deberán inscribir á nena ou ao neno directamente na sede da Asociación e/ou Centro cultural no que se desenvolva.
Concellería de Servizos Sociais e Igualdade - Tlf: 986 402 608 - Mail: ssociais@redondela.info - uts@redondela.info