Formación básica para persoas adultas e formación básica para mulleres inmigrantes

A Concellaría de Servizos Sociais e Igualdade, dirixida pola concelleira nacionalista Rosa Costas, pon en marcha dúas actividades formativas dirixidas ás persoas adultas que queiran mellorar a súa formación básica en distintas materias. Un curso estará dirixido a homes e mulleres adultos e outro estará orientado especificamente ás mulleres inmigrantes empadroadas en Redondela. As clases comezarán a partir da próxima semana e estenderanse ata o mes de xuño de 2011.

O curso de Formación Básica para persoas adultas, impartirase no edificio do Multiusos da Xunqueira, e o curso de Formación Básica para Mulleres Inmigrantes, impartirase na Casa da Cultura. Ámbolos dous en horario de mañá e tarde.

Estes dous cursos van destinados a todas aquelas persoas maiores de idade que queiran seguir completando a súa formación, tendo como obxectivo que acaden as competencias básicas en materia lingüística, matemática, social, cultural e en novas tecnoloxías, así como mellorar a súa autonomía persoal e as súas habilidades sociais.

Como novidade do curso de Formación de Mulleres Inmigrantes este ano realizarase un taller conxunto para nais/pais e nenos/as, no que se traballarán aspectos persoais de comunicación, tarefas escolares, convivencias, promoción cultural, actividades lúdicas... co fin de que axuden á súa total integración social na vila.

Ademais no curso de Formación Básica de persoas adultas tamén se vai desenvolver un taller de lectura, para fomentar e incentivar os seus hábitos lectores, nos que poderán adquirir valores sociais relacionados coa educación viaria, ambiental, a saúde, a igualdade entre homes e mulleres, o consumo, etc.... Todo isto traballado a través de diferentes textos de actualidade, de antes e de sempre.

Estes dous cursos son totalmente gratuítos e están subvencionados na súa totalidade pola Concellaría de Servizos Sociais e Igualdade do Concello de Redondela.

Todas as persoas interesadas en inscribirse poden facelo acudindo ao Edificio de Servizos Sociais situado na rúa Isidoro Queimaliños, núm. 2, na oficina de Igualdade, ou no teléfono 986 40 80 43.

SUBIR

Ludoteca de verán

Luns, martes e xoves - Durante xullo e agosto - De 11 a 13 horas - Nenas e nenos de 4 a 12 anos.

Celebración:

Parroquias

 

  • Cabeiro: Centro cultural de Cabeiro.

  • Cedeira: Centro cultural de Cedeira.

  • Chapela: Centro cultural e deportivo de Cidadelle.

  • O Viso: Asociación de veciños do Barrio de Saramagoso.

  • Santo Estevo de Negros: Centro cultural de Santo Estevo de Negros.

  • Saxamonde: Centro cultural e social Chan das Pipas.

  • Ventosela: Sociedade cultural e deportiva “A Miñoteira”.

  • Vilar de Infesta: Centro cultural de Vilar de Infesta

SUBIR

  Actividade de Tai Chi Chuan 

Dada a situación de dispersión de poboación da Terceira Idade neste Concello e o carácter rural da mesma, os Servizo Sociais Municipais programan un conxunto de actividades para ós nosos maiores que lles permitan a integración así como establecer relación co medio que lles rodea.

Para inscribirse, as persoas deben estar empadroadas no Concello de Redondela e teñen que dirixirse ó Departamento de Servizos Sociais nos meses de xullo e agosto para cubrir a instancia e entregar a fotocopia do DNI. As actividades programadas son:  

Curso de Tai Chi Chuan  

Quendas   Lugar   Cotas   Duración  
Redondela Martes e xoves  

Multiusos de Redondela

(Paseo da Xunqueira s/n)

3 €: maiores de 60 anos

De setembro a xuño  

0 9:30 a 10:30 h.

6 €: de 50 a 59 anos  

10:30 a 11:30 h.

 
Chapela Martes e xoves  

Multiusos de Chapela

(Bº Pinal do Crego s/n)

3 €: maiores de 60 anos   De setembro a xuño  
17:00 a 18:00 h.
6 €: de 50 a 59 anos  
18:00 a 19:00 h.

SUBIR

Actividade de Axilidade Mental

Para inscribirse, as persoas deben estar empadroadas no Concello de Redondela e teñen que dirixirse ó Departamento de Servizos Sociais nos meses de xullo e agosto para cubrir a instancia e entregar a fotocopia do DNI. As actividades programadas son:  

Curso de adestramento da memoria 

Quendas   Lugar   Cotas   Duración  
Redondela Venres

Multiusos de Redondela

(Paseo da Xunqueira s/n)

3 €: maiores de 60 anos

De setembro a xuño  
09:15 a 10:30 h.
10:30 a 11:45 h.

6 €: de 50 a 59 anos  

11:45 a 13:00 h.
 
Chapela Xoves  

Multiusos de Chapela

(Bº Pinal do Crego s/n)

3 €: maiores de 60 anos   De setembro a xuño  
 18:30 a 20:00 h
6 €: de 50 a 59 anos  

SUBIR

Programa de Termalismo Social

É un sistema complementario ás prestacións do sistema da Seguridade Social, que ten por obxeto facilitar a asistencia que nos balnearios se presta ás persoas maiores que, por prescripción facultativa, a precisen. Para mais información das persoas que o poden solicitar, do listado dos balnearios participantes, dos servizos que ofertan, e para recoller a solicitude de inscripción dirixirse ao Centro de Servizos Sociais (Rua Isidoro Queimaliños, 2 - Tlf: 986 402 608).

SUBIR

  Sistema de atención á dependencia

¿Qué é a dependencia? Unha persoa en situación de dependencia é aquela que, pola falla ou perda de autonomía permanente, precisa a atención doutra persoa para realizar as tarefas básicas da vida diaria ou, no caso das persoas con discapacidade intelectual, enfermidade mental ou alteración perceptiva-cognitiva, doutros apoios para a súa autonomía persoal.

¿Onde dirixirse? Ás delegacións provinciais, centros sociais e fogares do maior da Vicepresidencia de Igualdade e Benestar Social, así como a aqueles puntos de información ou atención que se habiliten ao efecto. No Centro Municipal de Servizos Sociais (Rua Isidoro Queimaliños, 2 - Tlf: 986 402 608).ofrecemoslle toda a información que vostede precise.

SUBIR

VOLTAR

Concellería de Servizos Sociais e Igualdade - Tlf: 986 402 608 - Mail: ssociais@redondela.info - uts@redondela.info