|
Co obxectivo de publicitar as festas do Entroido, en consonancia
co seu espírito participativo e popular, o Concello de Verín
promove un concurso para seleccionar o cartel oficial das festas.
As bases para participar en devandito concurso son as
seguintes:
1º.- Poderán concorrer os/as autores/as que o desexen, co
número de traballos que estimen oportunos, orixinais, inéditos
e non premiados en ningún concurso anterior.
2º.-Os traballos presentados terán como única identificación
un lema. O incumprimento desta norma será motivo de descualificación.
O lema presentarase escrito no exterior dun sobre pechado. No interior
do sobre xuntarase unha fotocopia do DNI do autor/a, e información
co nome artístico -de estimalo oportuno-, enderezo actual e teléfono.
Os sobres abriranse despois da decisión do Xurado. Os /As participantes
asumen a responsabilidade derivada de plaxio ou de calquera outra transgresión
da lexislación vixente sobre dereitos de autor na que poidan incorrer
cos traballos que presenten.
3º.- O formato a utilizar será de 48 cm. na base e 68 cm.
na altura da mancha útil do cartel ou proporcional, que se ampliará
a esas dimensións na impresión. Presentarase a concurso
sobre bastidor ríxido de 50 x 70 cm., en posición vertical,
ou en formatos proporcionais. No caso de se presentaren deseños
realizados en ordenador, xuntarase un disquete co arquivo do cartel.
4º.- O cartel imprimirase en offset. O/A autor/a poderá indicar
en Pantone as colores utilizadas.
5º.- As obras levarán como único texto ENTROIDO 2012-VERÍN:
9, 12, 16, 17, 18, 19, 20 e 21 de FEBREIRO.
6º.- A liberdade estética no tratamento do cartel quedaralle
limitada ao/á autor/a pola temática, que deberá estar
inspirada nas características do Entroido de Verín.
7º.- A data límite para a presentación dos traballos
é o 19 de decembro de 2011. No caso de envíos por Correos
ou por empresas de mensaxería, non se admitirán entregas
a partir das 14:00 h. dese día. As obras entregaranse no Rexistro
de Entrada do Concello de Verín, Praza do Concello, 1; 32600 Verín.
8º. - Todos os carteis participantes serán
expostos na Casa do Escudo desde o 20 de decembro. Momento, no que os
veciños/as poderán votar, previa presentación do
DNI, o deseño que máis lles guste. A partir do 26 de decembro
de 2011, momento no que conclúe o prazo, os tres carteis que reciban
máis votos outorgaráselles 3 puntos ao primeiro -o que obteña
máis votos-, 2 ao segundo máis votado e un ao terceiro.
Posteriormente, o Xurado Cualificador someterá aos tres carteis
anteriores a unha segunda elección, no que lle outorgará
ao cartel máis votado un total de 6 puntos; ao segundo, catro puntos;
e ao terceiro deles un total de dos puntos. Tras esta segunda elección,
sumaranse os puntos dos tres carteis -tanto os outorgados polos cidadáns
como polo Xurado-, e o cartel dos tres seleccionados que máis puntos
obteña será o gañador. Trátase dun proceso
de votación cualificada, onde a decisión cidadá correspóndese
ao 40% e a do Xurado Cualificador, un 60%.
9º.- As decisións do Xurado serán inapelables e faranse
públicas a través dos medios de comunicación. De
estimalo necesario, o Xurado poderá propor melloras a algún
dos traballos presentados para, de ser aceptadas polo/a autor/a, premialo;
ou poderá propor que o concurso quede deserto. Todos/as os/as que
concursen recibirán información por escrito dos acordos
do Xurado.
10º.- O premio consistirá na edición do cartel seleccionado
e nunha dotación económica de 400 euros. A obra premiada
será cedida en propiedade polo/ autor/a, a partir do momento da
entrega da dotación económica, ao Concello de Verín,
que posuirá, entre outros, os dereitos de reprodución, difusión
e transmisión. A dotación económica do premio estará
sometida á normativa fiscal que proceda aplicar.
A participación neste concurso supón a aceptación
de todas e cada unha das bases. A interpretación ou modificación,
no caso de precisala, das presentes Bases, é un dereito exclusivo
do Concello de Verín.
|
Convocatoria
do 5º Concurso de carteis Entroido 2012-Verín: “Desfile
Infantil”
Coa finalidade de publicitar as festas do Entroido en consonancia co seu
espírito, participativo e popular, a Delegación Municipal
de Festexos do Concello de Verín promove un concurso para seleccionar
o cartel oficial do “Desfile Infantil”.
As bases para participar en devandito concurso son as seguintes:
1º.- Poderán concorrer os/as alumnos/as de infantil e primaria
dos colexios participantes no 'Desfile Infantil'. Cada un deles estará
representado ata un máximo de tres traballos, orixinais, inéditos
e non premiados en ningún concurso anterior.
2º.-Os traballos presentados terán como única identificación
un lema. O incumprimento desta norma será motivo de descualificación.
O lema presentarase escrito no exterior dun sobre pechado. No interior
do sobre xuntarase un escrito no que figure o nome do autor e do colexio
ó que representa. Os sobres abriranse despois da decisión
do Xurado. Os /As participantes asumen a responsabilidade derivada de
plaxio ou de calquera outra transgresión da lexislación
vixente sobre dereitos de autor na que poidan incorrer cos traballos que
presenten.
3º.- O formato a utilizar será un folio A3 (42 x 29,7 cm.)
ou unha cartolina en tamaño similar. Presentarase a concurso sobre
bastidor ríxido, en posición vertical, ou en formatos proporcionais.
No caso de se presentaren deseños realizados en ordenador, xuntarase
un disquete ou CD co arquivo do cartel.
4º.- O cartel imprimirase en offset. O/A autor/a poderá indicar
en Pantone as colores utilizadas.
5º.- As obras levarán como único texto ENTROIDO 2012-VERÍN:
“DESFILE INFANTIL”
6º.- A liberdade estética no tratamento do cartel quedaralle
limitada ao/á autor/a pola temática, que deberá estar
inspirada nas características do Entroido de Verín.
7º.- A data límite para a presentación dos traballos
é o 20 de decembro de 2011. No caso de envíos por Correos
ou por empresas de mensaxería, non se admitirán entregas
a partir das 14:00 h. dese día. As obras entregaranse no Rexistro
de Entrada do Concello de Verín, Praza do Concello, 1; 32600 Verín.
8º. - O xurado cualificador estará composto por un representante
de cada colexio -elixido de xeito individual por cada centro- e por un
membro designado polo Concello. Os representantes dos colexios escollerán
tres carteis dos presentados -ao que se lles outorgarán tres, dos
e un punto, respectivamente- e o representante municipal realizará
o mesmo procedemento. O cartel que obteña o maior número
de puntos será o gañador.
9º.- As decisións do Xurado serán inapelables e faranse
públicas a través dos medios de comunicación. De
estimalo necesario, o Xurado poderá propor melloras a algún
dos traballos presentados para, de ser aceptadas polo/a autor/a, premialo;
ou poderá propor que o concurso quede deserto. Todos/as os/as que
concursen recibirán información por escrito dos acordos
do Xurado.
10º.- O premio consistirá na edición do cartel seleccionado
e na entrega dun vale de 300 euros para material deportivo e escolar -a
adquirir en establecementos do Concello de Verín-. A obra premiada
será cedida en propiedade polo/ autor/a ao Concello de Verín,
que posuirá, entre outros, os dereitos de reprodución, difusión
e transmisión.
A participación neste concurso supón a aceptación
de todas e cada unha das bases. A interpretación ou modificación,
no caso de precisala, das presentes Bases, é un dereito exclusivo
do Concello de Verín. |